Necesitas un espazo?
Elixe o que máis che guste ou podemos realizar o evento no teu propio espazo.

PAZO DE MOREIRA
Situado en Ponteareas (Pontevedra), conta en con unha igrexa parroquial do S. XVI- XVII onde poden realizarse oficios relixiosos. Nos seus xardíns arborizados créase un ambiente discreto, rústico e de contacto coa natureza. Dispón dun salón cunha capacidade para 250 persoas.

PAZO DO MOSTEIRO
Un edificio xurdido dun mosteiro feminino do S. XIII en Tomiño (Pontevedra). Dispón dunha leira con viñedos, froiteiros, recunchos con sombra, piscina,... areas totalmente acondicionadas para a celebración de eventos ao aire libre e en interior, con capacidade para 250 persoas.

FINCA A COUTADA
Na antiga horta do Mosteiro de Celanova (Ourense) atópase esta casa rústica e elegante rodeada dun impresionante bosque. Con capela propia, piscina e zona de carpa e aparcamento, poderás alugar as habitacións para os teus invitados e dispoñer de toda a tranquilidade.

FUNDACIÓN SALES
A 10 minutos da Praia de Samil (Vigo, Pontevedra) atópase este lugar único. Un xardín cheo de recunchos e carreiros que conta cun compendio de especies de árbores de todos os recunchos do mundo. Dispón de varios espazos onde poder realizar eventos ata 150 invitados tanto exteriores como interior.

Espazo MUTA
No centro de Vigo (Pontevedra) atópase este espazo singular con capacidade para 100 persoas, no que o estilo industrial e a arte contemporánea fusiónanse e onde poderás celebrar conferencias, presentacións, reunións de empresa ou calquera evento nun ambiente acolledor e sofisticado.

O TEU ESPAZO
Dispós do teu propio espazo ou tes interese en celebrar o teu evento nun lugar especial? Gustaríache celebrar un evento na túa casa ou empresa? Podemos desprazarnos, asesorámosche e proporcionarémosche todos os servizos, encargándonos de todo o necesario para que sexa un éxito.
Queres traballar connosco?
Se dispós dun espazo con encanto para celebrar calquera tipo de evento e queres sacarlle partido contacta connosco!
Solicita o noso Dossier
Y ELIXE O TEU MENÚ PERSONALIZADO
Enviarémosche o noso dossier con toda a información para que poidas coñecer a nosa variada carta de produtos e servizos e consultar calquera dúbida.
