Hai que celebrar!
Temos varias propostas para a túa festa
Porque o mereces
Inolvidablemente Saboroso
Porque poderás gozar de produtos galegos certificados de primeira calidade, achegando sabores novos e presentacións diferentes e orixinais porque… xa chegou o momento de gozar!
Personalizados
Algunha intolerancia alimentaria? Somos especialistas en preparar calquera menú para todo tipo de dietas: sen glute, vegano, etc e poder adaptarnos aos teus gustos e necesidades dos teus invitados
Extras
Servizos extras que quizais necesites ou che apetezan: animación infantil moi divertida, barra de cócteles variados, mobiliario, carpas ou unha decoración floral e do espazo para gozar dun día moi especial.
Un Cóctel
Preparámosche unha espectacular mesa de queixos artesáns e embutidos, deliciosas empanadas galegas de masa fina e aperitivos quentes ou fríos acompañados de viños galegos e cervexa artesá.
Comidas ou Ceas
Bocados de pan de centeo, queixo San Simón e albóndegas de rubia galega, Ensalada de salmón semisalvaxe, mango e aguacate, caldeirada de bacallau fresco con ameixas e unha deliciosa torta espumosa de chocolate con crema inglesa.
Bautizos e Comuñóns
Showcooking de tortitas, hamburguesas ou mariscos, saborosas minipizzas, deliciosas croquetas, boliños de bacallau á portuguesa entre outras delicias que poderás elixir. E algunha das nosas espectaculares tortas!
A nosa decoración sorprendente
É un dos nosos servizos estrela: crear ambientes e espazos acolledores para gozar, falar, rir e divertirse.
E o noso toque especial
Solicita o noso Dossier
Y ELIXE O TEU MENÚ PERSONALIZADO
Enviarémosche o noso dossier con toda a información para que poidas coñecer a nosa variada carta de produtos e servizos e consultar calquera dúbida.