top
Image Alt

EVENTOS EMPRESA

ALMORZOS/ COFFEE BREAK

CÓCTEL / COMIDAS

FESTAS NADAL

Un evento orixinal para o teu negocio

Temos varias propostas para que elixas

¿Que necesitas?

Saboroso e especial

A túa empresa é única, por iso convertemos o teu evento nunha reunión orixinal con moito sabor, con produtos galegos certificados de primeira calidade, sabores novos e presentacións auténticas que sorprenderán!

Personalizados

Podes elixir o teu cátering especial para todo tipo de dietas e intolerancias alimentarias como alimentos sen glute, vegano, etc. para adaptarche a todos os asistentes.

Extras

Se queres dar un toque de orixinalidade, elixe algún dos nosos extras como a cociña en directo (Showcooking) ou quizais necesites mobiliario para o evento, unha elegante carpa ou unha decoración exclusiva e acolledora.

Almorzos

Preparámosche unha gran mesa buffet, combinando doce e salgado con deliciosa bolería e repostería elaborada no noso obradoiro, café ecolóxico, tés e zumes.

Cócteles

Unha espectacular mesa de queixos artesáns e embutidos, deliciosas empanadas galegas, a nosa focaccia fina de cebola e alcaparras con xarda curada, entre outros. Acompañado de viños galegos e cervexas artesás.

Menús sentados

Tosta de roast beef, limón e mostaza, vieira gratinada con touciño entrefebrado de porco celta, carrilleras guisadas ao mencía con cremoso de pataca e batata e torta fina de mazá especiada con toffe entre outras delicias.

WORKSHOPS

Necesitas un cátering completo de varios días?

Para calquera evento -cursos e retiros de empresa, deportes, ioga, danza, música, fotografía, etc. – encargámonos de todo: almorzo, xantar, merendas, ceas, infusións e cafés durante todo o día co noso toque especial!
Adaptámonos ás vosas preferencias alimentarias con menús variados, ricos e saudables.
Achega valor ofrecendo saúde e bo ambiente.

A nosa decoración sorprendente

É un dos nosos servizos estrela: crear ambientes e espazos acolledores para gozar, falar, rir e divertirse.

E o noso toque especial

Cuidamos da natureza

Utilizamos todos os produtos ecolóxicos que nos permite o menú.

Confiamos en produtores locais

Coidamos aos produtores e empresas locais utilizando as súas materias primas frescas e saborosas.

Sustentabilidade

O noso sistema de traballo é moi limpo, minimizamos residuos ao máximo e reciclamos envases, cartón e vidro.

Produtos da horta

Cultivamos e utilizamos produtos da nosa propia horta.

Unha mestura entre calidade e bo gusto

O mellor trato posible e que bo todo! Todos os invitados séguenme dicindo o ben que comeron, todos os aperitivos boísimos e a pescada un escándalo. Foi un gusto traballar con elas, polo esforzo que fixeron para que todo saíse perfecto e ao gusto dos noivos!

Adela

A mellor elección para a nosa voda

Buscabamos algo especial para a nosa voda, non queriamos o típico banquete nupcial e apostabamos por comida de calidade. Desde o primeiro momento soubemos que este era o noso cátering, o trato, a flexibilidade, as ideas, o produto!.

Bibiana

Voda difícil debido aos alerxenos a evitar

Aínda que llo puxemos difícil, xa que necesitabamos un menú libre de glute, lácteos, ovo e froitos secos, superárono con fartura e estaba todo boísimo. A decoración é sinxela e con moito gusto. Sen dúbida, foi un acerto.

Tatiana

Menú vegano, ecolóxico e sen glute

Comida espectacular, impresionante, exquisita, elaborada con mimo e agarimo. Case o describiría como un traballo de artesanía. Encárganse da decoración de toda a voda e fano cun gusto exquisito, creando harmonía entre a contorna e a comida que preparan.

Isabel

Cumpren con fartura o esperado e máis.

En que voda danche comida respectable co medio ambiente, respectando as distintas dietas que poidan existir, de forma artesanal, e que ademais che inclúan a decoración? Este é o cátering.

Almudena

Exactamente o que buscabamos!

Todo perfectísimo! A decoración incrible! A comida incrible! Non teño palabras! Recomendadísimo! Non dubidedes! Sobre todo se buscades decoración e cátering! Super simpáticos e atentos a todo momento!

Sara

Solicita o noso Dossier

Y ELIXE O TEU MENÚ PERSONALIZADO

Enviarémosche o noso dossier con toda a información para que poidas coñecer a nosa variada carta de produtos e servizos e consultar calquera dúbida.

Queres coñecernos un pouco máis?

Somos un equipo especializado en cátering e eventos desde o 2015 con máis de 20 anos de experiencia no sector.
Soñamos, por iso innovamos.