PAZO de OURIL
Un acolledor pazo galego con vistas ao mar e privacidade absoluta moi preto de Vigo e Pontevedra.
Un pazo galego situado en Bueu, nun enclave único moi preto de Vigo e Pontevedra. O pazo está dentro dunha leira arborizada privada de 10 ha, e aínda que é unha casa tradicional do S.XVIII conta con todos os luxos e comodidades dunha casa moderna, decorada cun gusto exquisito e sofisticado. O alugueiro inclúe 6 habitacións para que poidas aloxar a 16 invitados e unha habitación nupcial cun baño acristalado que non esquecerás. O pazo conta con piscina e vistas ao mar. Un lugar único para celebrar unha voda que seguro será un éxito.
UN LUGAR ESPECIAL PARA UNHA VODA MÁXICA
Interésache?
Se queres visitar o Pazo de Ouril escríbenos e empeza xa a deseñar a túa voda en Galicia. Descobre todo o que o equipo de Gloria Domecq Cátering pode facer por ti.
Piscina e hórreo
Soportal e comedor cubertos
10 ha de exhuberante vexetación
5 cuartos dobres
1 Apartamento independente con capacidade para 16 pax
A 25 minutos de Vigo e 30 de Pontevedra
150 persoas