top
Image Alt

ESPAZOS

Descobre os nosos pazos para vodas en Pontevedra e Vigo.

Elixe o que máis che guste ou podemos realizar o evento no teu propio espazo.

Os nosos Espazos:

Fachada del Pazo de Ouril para celebrar bodas en Galicia

PAZO DE OURIL

Un acolledor pazo exquisitamente actualizado e decorado en Bueu (Pontevedra), rodeado dun marabilloso xardín galego, dentro dunha leira con piscina, hórreo, pombal e un gran patio. Privacidade e paz, en plena natureza cunhas preciosas vistas á Ría de Pontevedra.

pazo moreira ponteareas pontevedra

PAZO DE MOREIRA

Situado en Moreira, Ponteareas (Pontevedra), conta cunha igrexa parroquial do S. XVI-XVII onde poden realizarse oficios relixiosos. Espectaculares xardíns arborizados de ambiente moi natural e privado. Dispón dun salón acristalado, recentemente decorado, rodeado de natureza, con capacidade para 250 persoas.

Outros Espazos:

QUINTA DE COUSELO

Antiga e encantadora adega no Rosal (Pontevedra) que data do ano 1800, onde se elaboran grandes viños. Conta cunha zona cuberta debaixo das viñas para 150 invitados e, os seus xardíns teñen unhas vistas panorámicas impresionantes sobre os viñedos.

pazo rial bodas pontevedra

PAZO O RIAL

Situado en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) este pazo do XVII conta con grandes xardíns e un gran hotel perfecto para aloxar a todos os teus invitados. Conta ademais con grandes salóns para poder acomodar a túa voda tamén no interior. Os xardíns que rodean a este pazo galego son únicos e espectaculares.

Espacio Muta para eventos de Gloria Domecq Catering en Vigo

Espazo MUTA

En pleno centro de Vigo (Pontevedra) atópase MUTA, un espazo singular con capacidade para 100 persoas, no que o estilo industrial e a arte contemporánea fusiónanse e onde poderás celebrar conferencias, presentacións, reunións de empresa ou calquera evento nun ambiente acolledor e sofisticado.

Gloria Domecq Catering para espacios particulares en Vigo y Pontevedra

O TEU ESPAZO

Dispós do teu propio espazo ou tes interese en celebrar o teu evento nun lugar especial? Gustaríache celebrar un evento na túa casa ou empresa? Podemos desprazarnos, asesorámosche e proporcionámosche todos os servizos, desde carpa, mantelería, enxoval ata a decoración, encargándonos de todo o necesario para que sexa un éxito.

¿Queres traballar connosco?

Se dispós dun espazo con encanto para celebrar calquera tipo de evento e queres sacarlle partido contáctanos!

Solicita o noso Dossier

E ELIXE O TEU MENÚ PERSONALIZADO

Te enviaremos nuestro dossier con toda la información para que puedas conocer nuestra variada carta de productos y servicios y consultar cualquier duda.

Queres coñecernos un pouco máis?

Somos un servizo de cátering e organización integral de eventos en Galicia.
Contamos con todo o necesario para celebrar a túa voda en Pontevedra, con espazos e pazos preto de Vigo e cun equipo de profesionais que se encargará de todo, desde o alugueiro de espazo, decoración e xestión, con todos provedores que esteas a buscar para a túa voda ou evento de empresa.
Más de 20 anos de experiencia no sector de hostalería.
Soñamos, por iso innovamos.